Arcón do Tempo
Hai mulleres boas, e mulleres malas. As mulleres boas son aquelas que fan as cousas segundo os estándares establecidos. Fan o que lles corresponde facer como mulleres, nesta sociedade. Esas mulleres boas, como boas mulleres que son, son aburridas na cama, non comezan unha conversación cun descoñecido por elas soas, non van soas pola rúa, e a súa minifalda nunca é mini, e como pouco tapa ata enriba do xeonllo. As mulleres malas son aquelas que fan cousas máis dignas dos homes que das mulleres. As que saen denoite, as que van soas pola rúa, as das minifaldas sen bragas debaixo, as pícaras. As mulleres malas son as que fan as mellores felacións, pero so sirven para unha noite. As mulleres malas son as que todo home quixese probar. Son cas que ningún home quere casar. As insumisas. As que, no fondo, intentan parecerse a eles.E disto nosoutras sabemos.As mulleres malas son as rebeldes, as que van contra a orde establecida. As mulleres boas son as que fan as tarefas do fogar e despiden ao marido cun bico na porta cada día. As que se recorcomen por dentro coa culpa, abertamente.
Moitas decidimos nalgún momento da nosa vida, e sen saber moi ben que supoñía esta decisión, ser mulleres malas.
Algunhas, nese momento da nosa vida na que esta clasificación estaba máis arraigada que o demo nas nosas entrañas, decidimos moi conscientemente, ser malas mulleres. Mulleres malas desas que sen querer se autoclasifican pra loitar, sen saber moi ben contra quen loitan. E nós mesmas facemos batalla e guerra. Nós mesmas aguantamos da bandeira da liberdade, ou do que nos venderon por ista, tentando ser coma eles. Presentándonos polas noites con quen queremos falar, camiñando soas pola rúa, asegurando que a nosoutras o sistema non nos afecta e que o machismo é esa cousa que teñen as mulleres boas na cabeza, polo que sin querer non poden deixar de planchar camisas e dobrar roupa de cama. O machismo é iso polo que as mulleres boas se recorcomen coa culpa, mentres nós, as mulleres malas, facemos o que nos peta cos homes. É iso que teñen as mulleres boas na cabeza. Incluso máis que os homes mesmos, que arreglan os problemas como deus manda, e ao día seguinte estanse tomando unhas cañas tan tranquilos e nin tan mal.É unha cousa peculiar pensar nisto sendo consciente de que sempre estivo ahí. Arraigado. E en ningun momento ninguén no lo explicou. Soamente surxiu así, da nada, da masa social, do entorno, do contexto, das aulas e dos patios, das discotecas e dos parques, da vida. É bestial a forma na que nos vemos e nos ven, a forma na que nos miramos e nos miran.
Algunhas nalgún momento da nosa vida, comprendemos que ser muller boa ás veces é guai, porque ten ventaxas sociais entre as mulleres, e porque che libra de moito baboso misóxeno e sexista. Porque as relacións con eles sendo mulleres boas, tamén teñen as súas ventaxas. Porque ás veces é a única forma de facelos entender que aínda crendote muller mala, precisas cariño e respecto. E volvemonos un pouco máis boas. Algunhas xogamos anos facendo malabares entre o ben e o mal. Boas na casa, malas nas calles; boas no cole, malas nos patios; boas coas amigas, malas cos amigos. Considerándonos libres de escoller quen somos, e cando queremos ser quen somos, e utilizándoo da forma o máis efectiva e eficiente posible para relacionarnos co noso entorno.Así é que tí, non eres como as demáis. Es boa no que hai que ser boa, e planchasme as camisas, dasme bicos cando me vou da casa, sinteste culpable cando non te sentas ao meu lado pra cear cos meus amigos, sonries cando as circunstancias o precisan… Eres mala na cama. Moi mala. Moi pícara. Moi rebelde. Eres única. Distinta. Especial. Non hai muller coma ti.
Pode parecer unha broma, pero este traballo de equilibrismo entre o ben e o mal é moi duro, e ten o seu mérito. Gracias ao ceo que existen outras formas de vivir. Gracias ao ceo que eu hoxe podo descansar, e deixar de ser muller boa, e deixar de ser muller mala. Cerrar os ollos e buscar quen realmente son. Que non é nada fácil desaprender, chegados a este punto!