As feminazis
Este término cada vez más de moda es repulsivo. Las palabras tienen poder, mucho poder, nombrar cosas es lo que les da la forma en nuestra mente, esta relación entre significado e importancia que se repite tan repetidamente en la academia.
Rosa Pérez
Este termo cada vez máis de moda é repulsivo. As palabras teñen poder, moito poder, nomear as cousas é o que lles da forma na nosa mente, esa relación entre significado e significante que tan manidamente se repite na academia. O problema da utilización deste termo non é só para as feministas, senón para o movemento en si. As persoas que nos consideramos defensoras da igualdade de xénero sabemos que é unha forma de descalificación, un termo pexorativo máis como poden ser outros. Sen embargo, a connotación desta palabra non é coma calquera outra: feminazis soe dicirse e escribirse en plural, referíndose a todo o grupo de feministas, coa cal non só se pretende radicalizar o movemento desde o exterior e por alleos (outra apropiación máis por parte do sistema), senón que esa analoxía explícita cos responsables do Holocausto fai que o feminismo se demonice socialmente.
Toda corrente precisa das novas xeracións para que a alenten e lle reorienten as ás cando sopran novos ventos; estigmatizar ás feministas agora supón disminuir a empatía futura cara ese movemento que representan e defenden. A realidade é que a igualdade molesta e incomoda, non lle sae rentable á sociedade capitalista heteropatriarcal e actualmente o capitalismo é o dono do mundo. Supoño que detrás da creación deste termo está a idea de aportarlle unha carga de radicalización extrema, pero non fai falla porque “o feminismo é a idea radical que sostén que as mulleres somos persoas” como xa sinalou Angela Davis. O seguinte paso será identificar feminazi con feminista, e nos vos enganedes, xa está ocorrendo. Sabemos que historicamente o feminismo foi e é un movemento en constante loita e socialmente marcado e, ó mesmo tempo, silenciado. Definirse como feminista nunca foi popular, cando debería ser percibido como o que é: unha defensa da xustiza social. Parece que os feitos básicos e o sentido común nunca estiveron de moda.