Guerrilleiras da poesía
Artemisa Semedo e Nuria Vil son dúas guerrilleiras da poesía, que usan a voz e os versos para dicir o que queren, como queren e o que ademais, doutras formas, non pode ser dito.
E este foi, queridas, o noso 1º podcast ao vivo! E non só, senón que tamén foi a 1º vez que conversabamos con dúas convidadas ao tempo, téndoas ao carón e somerxéndonos na mestura das súas propostas e enerxías.
Artemisa Semedo e Nuria Vil son para nós inspiración e con elas falamos dos medos que acompañan a escrita e o recitado, das “inseguridades que son seguridades despois” e de como a raiba, o feminismo e a verdade son lugares onde poder sosternos fronte ás violencias que suceden. Elas ensínannos coa súa presenza e facer, que podemos ter voz dende lugares que nos ensinaron como desacreditados e que, como lésbicas e bisexuais, podemos dar pasos para xerar condicións máis xustas. Igual que outres o fixeron antes para nós. Grazas ao DESFOGA 🙌🌈 (festi sempre recomendado) e ás persoas que estivestes arroupándonos (ficades nos nosos coras) 💘
Escoita máis: