Adrienne Maree Brown : “O pracer é un recordatorio de que sobrevivir á vida paga a pena”

Adrienne Maree Brown : “O pracer é un recordatorio de que sobrevivir á vida paga a pena”

Adrienne Maree Brown é facilitadora, doula, sanadora, escritora, feminista negra e activista do pracer. 'Pleasure activis' é seu último libro.

22/03/2023

Adrienne Maree Brown. / Foto cedida

Facilitadora, doula, sanadora, escritora, feminista negra e activista do pracer. O perfil poliédrico de Adrienne Maree Brown axúdanos, desde outra latitude, a achegarnos ás diferentes visións sobre os grandes temas que comparte na súa web e redes sociais (eses grandes reductos da teoría moderna): o sexo, o autocoidado, a curación dos traumas, a loita contra a fordofobia e, fora da realidade coñecida, a ciencia ficción escrita por autoras negras. Curioso aproximarse a este universo.

Pleasure activism, o seu último libro, acolle ensaios, entrevistas, unha sorte de biografías, ilustracións e poemas sobre o que debemos poñer no foco para atoparnos de novo co noso pracer. Esta escolma publicouse a comezos de 2019 e foi introducida na sexta posición dentro listaxe de obras máis vendidas de The New York Times. Falamos con ela sobre o impacto deste libro, o cultivo do pracer e as últimas derivas do activismo negro, feminista e pola diversidade sexual.

Houbo un cambio no teu devir como activista cando The New York Times elixiu o teu libro dentro da súa listaxe dos máis vendidos?

Permitiume, principalmente, investir máis tempo en escribir, e sentín que se recoñecía que podo ter un forte impacto como escritora que pon en valor as leccións do activismo.

Como podemos loitar polos nosos dereitos eliminando sentimentos de frustración e dor, vencellándonos máis ao pracer?

Non creo que debamos eliminar nada, porque o pracer é parte de un amplo espectro de sentimentos. A práctica do pracer diario é o mellor xeito de devolver equilibrio se tendes cara o sufrimento. Sempre recomendo comezar polo pequeno. Date conta de que, incluso no medio do peor dunha ruptura, o riso volta aparecer. Mesmo cando estás asustada, medita no pracer que sentes cando alguén en quen confías colle a túa man.

Estás constantemente tratando co concepto de vulnerabilidade. Lograches conciliarte co termo?

A vulnerabilidade é complexa e inmanexable. Comprendín que non é algo que sexa capaz de planificar, e que mesmo raramente é algo que queira poñer en práctica consciente. Ao mesmo tempo aprendín que é o único camiño para a vida profundamente conectada que desexo.

O activismo do pracer que defendes tomou máis relevancia durante o confinamento?

Estiven vendo a moitísima xente falar de facer do pracer unha ferramenta de supervivencia, un recordatorio de que sobrevivir á vida paga a pena. O confinamento deixounos moitas leccións: podemos voar menos, empregar a tecnoloxía para conectarnos, e que os países que desexaron adaptarse a isto salvaron millón de vidas. Coido que tamén repensamos dun xeito distinto quen somos en relación a unha comunidade, preguntándonos cales son os valores compartidos e cales os diverxentes, e con que convén quedar de todo iso.

Estamos a tomar o pracer tan en serio como deberíamos? Que lectura fas dos “praceres culposos”?

A cultura segue a promover a negación deles, pero estamos medrando e síntome moi emocionada por presenciar como moitos grupos activistas de diversa índole están poñendo o pracer en valor nas súas pesquisas, nas súas axendas e accións directas. Que imos gañar se non desfrutamos do proceso de reclamar os nosos dereitos?

Acostumas a compartir os teus pensamentos en redes sociais. Nesta época de distanciamento interpersoal, podemos facer activismo nesta canle, son un medio tan válido como saír ás rúas?

Definitivamente, creo que nas redes sociais invitamos, incitamos e procesamos o que facemos, o que logramos cambiar, impedir e levar á práctica na vida real. Todas precisamos diso, e as redes sociais son o xeito de interconectarnos.

Cal é a túa lectura sobre o movemento #BlackLivesMatter e os retos actuais das persoas LGTBQ?

Debemos seguir vivas mentres o Trumpismo se apaga no seu último estertor. Estamos gañando, e nesta vitoria todo o mundo debe verse como responsable de conseguir esa xustiza que demandamos. Non vale pensar que non podes xogar a túa parte.

 

Este texto ha sido publicado en el anuario número 8 de #PikaraEnPapel, de diciembre de 2020. Puedes conseguirlo en nuestra tienda online.

 


Le máis sobre o pracer:

Download PDF
Etiquetas: , ,

Artículos relacionados

Últimas publicaciones

Download PDF

Título

Ir a Arriba