Voluntarias galegas fan un chamamentos ás institucións

Voluntarias galegas fan un chamamentos ás institucións

Queremos medidas eficaces e sistémicas, non parches para facer fronte ante catástrofes medioambientais xa xeradas. É necesario un sistema eficaz e efectivo para a xestión dos residuos, xa que na actualidade non son máis que outra mercadoria coa que facer negocio.

24/01/2024

Pellets nas praias galegas.

 

Lee este artículo en castellano.

Dende a plataforma de voluntarias autoxestionadas, que dende o principio da crise tivemos que paliar a situación, tomando acción e acudindo a pé de praia a coidar o noso medio, terrestre e mariño, sen apoios e dende a invisibilización, facemos un chamamento ás diversas institucións que compoñen este sistema e devalúan o coidado do noso medio terrestre. No ámbito gubernamental nacional, a todo o panorama político estatal e autonómico, esiximos un protocolo adecuado de intervención ante este tipo de catástrofes así como, unha penalización no caso da súa non aplicación pois na práctica os delitos medioambientais quedan totalmente impunes. Tamén medidas preventivas para evitar este tipo de desastres, catalogando a distribución de plásticos como materiais perigosos para o medio, cun impacto na súa distribución. Así como favorecer a investigación en materiais alternativos a esta tipoloxía de plásticos.

Pola súa parte, en relación á Unión Europea, quen no seu ODS número 13 asegura a loita contra o cambio climático. Tal e como se indicou o pasado domingo 21, instamos dende aquí ás institucións europeas a que exista un control máis riguroso do transporte marítimo na costa Atlántica. Queremos que o transporte de granulados sexa considerado oficialmente como transporte de materias perigosas. Tamén solicitamos a redución drástica e sistemática da reproducción de plástico na Unión Europea. A prohibición dos pratos, canudos, bastonciños e envases de polietireno non chega. Queremos medidas eficaces e sistémicas, non parches para facer fronte ante catástrofes medioambientais xa xeradas. É necesario un sistema eficaz e efectivo para a xestión dos residuos, xa que na actualidade non son máis que outra mercadoria coa que facer negocio. Reivindicamos lexislación que reduza o consumo de plásticos e substancias tóxicas para o medio, así como inversión en investigación que aporte materiais alternativos e sostibles. Non queremos paliar, queremos que esta situación non se produza NUNCA MÁIS. Apostamos por un cambio sistémico que aposte polo coidado do medio e dos seres que habitan nel. Apostamos por medidas lexislativas que nos protexan, e nos coiden. Porque si, o coidado debe estar no centro. Nun sistema que srgue relegando estes ás mulleres, incluso no coidado da terra, como se está vendo coa crise dos pellets o coidado convértese nun motor de sostén, de revolta de acción cidadá. Por un sistema que nos coide, a nós, á terra, e a todos os seres que a habitan.

Download PDF
Etiquetas: ,

Artículos relacionados

Últimas publicaciones

Download PDF

Título

Ir a Arriba