O cromosoma da xustiza social
Nota: Este artículo se enmarca en la sección de libre publicación de Pikara, cuyo objetivo, como su nombre indica, es promover la participación de las lectoras y lectores. El colectivo editor de Pikara Magazine no se hace responsable ni del contenido ni de la forma de los artículos publicados en esta sección, que no son editados. Puedes mandar el tuyo a participa@pikaramagazine.com. Rogamos claridad, concisión y buena ortografía.
Rosa Pérez
Podo comprobar que hai moito medo á palabra feminismo. Os estereotipos, os prexuízos e a ignorancia son moi fortes. Toda aquela e aquel que queira un mundo mellor e máis igualitario é feminista e eso debería estar gravado na nosa xenética. Se houbese un xene de xustiza social a explicación a certos comportamentos sería cuestión de ciencia, e podería definirse unha actitude abusiva cara un grupo dicindo: “ah, claro, é que carece do xene da xustiza social” e seguramente, dependendo de se algunha farmacéutica se puidese beneficiar economicamente, investigarían unha forma para remitir ese xene . Pero non, a desigualdade non é cuestión de ciencia, é produto das sociedades e, desgraciadamente, as “farmacéuticas sociais” están en mans do patriarcado que non quere perder os seus privilexios conseguidos a base de someter outros grupos. O comunismo social está máis estigmatizado que o comunismo político-económico: deste último apenas quedan vestixios restantes e do primeiro… creo que nunca existiu, e moito menos nas sociedades modernas. Estamos no século XXI e segue habendo a división social de xénero do Neolítico (que acabou en torno ó 3000 a.c.), pois si que se evolucionou!
O gran problema é que estamos ante un sistema que conseguiu manterse, e aínda o fai, durante miles de anos debido a súa fortaleza. Soubo formar unha rede tan profunda e abundante de partidarios que acabar con el está a ser duro e complicado, ten moitas forzas poderosas ó seu favor: os gobernos, a relixión, a economía… e tamén a unha gran parte da sociedade, pero quero pensar que algo está a cambiar pouco a pouco e a maior loita que se pode facer é en contra da ignorancia, porque como é obvio (ou polo menos debería selo) na base do cambio está a educación. Está demostrado que as sociedades máis educadas (e non me refiro á educación académica) son máis xustas. Porque esa educación social e de convivencia si que debería ser un cromosoma e é precisamente iso o que quere o feminismo, establecer a igualdade no noso ADN social, de aí a miña perplexidade ante a ignorancia de quen quere desprestixiar ese termo.